CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives imponse 1-2 ao CD Palmés e pasa á seguinte rolda da Copa Deputación

 

Moi contento volvía o CD Trives do campo do Cruceiro onde, na tarde do 6 de decembro, disputaba o primeiro partido da XLIII Copa Deputación de Ourense contra o CD Palmés ao que superaban 1-2.

Eran os  triveses os que se adiantaban no marcador co primeiro gol no minuto 11 aínda que no 33′ empataban os locais. Co 1-1 chegaba o descanso e non sería ata o minuto 90, en tempo xa de desconto, cando o Trives sentenciaba o encontro co segundo gol.

Con este resultado, o CD Trives pasa á seguinte rolda da Copa xunto ao resto de clasificados entre os que está o CD Barco que vencía 0-10 ao CD Córgomo Vilamartín.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button