CD TrivesDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Trives imponse ao Soutopenedo no campo do Agro e baixo a chuvia

 

Nun terreo de xogo totalmente enchoupado e baixo unha potente chuvia con fortes refachos de vento, disputábase na tarde deste domingo 25 de febreiro o partido de Segunda Galicia entre o CD Trives e o Soutopenedo, que se resolvía co 2-1 para os locais.

 

 

Trala última vitoria 0-1 no campo do Vilar de Barrio, os rapaces de Adilson saían ao campo do Agro dispostos a repetir resultado pero, nada máis comezar o encontro, no minuto 3, os visitantes transformaban un penalti adiantándose no marcador. O empate chegaba no minuto 41 tras un erro de Marcos, do Soutopenedo, que marcaba en propia meta.

 

 

Con 1-1 chegaba o descanso e non sería ata o minuto 75, na segunda metade, cando Ismael sentenciaba o encontro poñendo o 2-1 no marcador.

 

 

Con este resultado os triveses sitúanse no posto 16 da clasificación á espera do seguinte partido que os levará ata Xinzo para enfrontarse co Antela B.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button