Con toda a ilusión do mundo pero conscientes de que será un ano complicado, comezaba o CD Viana a súa aventura en Primeira Futgal.
Facíao na tarde deste domingo 8 de setembro no campo das Carrelas, diante da afección, contra o Sporting Manzaneda que superaba aos vianeses por 2 goles a 4.
Con Diego “Pirro” no banquiño, os celestes eran os primeiros en marcar cun temperán gol de Xurxo no minuto 9 que os do Carballiño empataban no minuto 26 ao transformar un penalti. Pouco despois, no 30′ Javier volvía adiantar aos locais facendo presaxiar un bo resultado. Pero as cousas complicábanse para os locais, que quedaba con 10 xogadores tralo dobre cartón amarelo de Marco García, e os outros tres goles dos visitantes que daban a volta ao marcador ata o 2-4 final.
A seguinte cita para o CD Viana será no campo do Sporting Celanova.
Fotos: O SIL.