En portadaÚltima horaVídeos

O CD Viana reafirma o seu liderato trala vitoria ante o CD Trives

Co 0-2 remataba o partido de 2ª Galicia disputado esta tarde no campo trivés do Agro

 

Diferentes partidos, diferentes rivais pero resultados similares. Unha semana despois de vencer ao CD Córgomo Vilamartín en casa, no Campo das Carrelas, o CD Viana volvían ganar nun novo derbi da Segunda Galicia, pero desta volta a domicilio.

 

 

Co 0-2 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 19 de novembro no Campo do Agro entre o CD Trives de Adilson e o CD Viana de Couso. Trala derrota da anterior xornada 2-1 no campo do Pabellón Ourense, os triveses saían ao terreo de xogo arroupados coma sempre pola súa incondicional afección e dispostos a sumar os puntos que os afasten da zona baixa da clasificación. Pola súa banda os vianeses facíano como líderes do grupo, tamén acompañados por algún afeccionado e co firme propósito de defender a súa posición no alto da clasificación.

 

CD Viana.
CD Trives.
Directiva do CD Trives.

 

Así comezaba o xogo e os goles non chegaban, tendo que esperar ata o minuto 29 para que Iván estrease o marcardor co primeiro gol para os celestes. O segundo, no 44′ era obra de Xurxo rematando a primeira parte co resultado favorable para o Viana, que xa non se movería.

 

 

Co 2-0 o CD Viana reafírmase como líder indiscutible e 27 puntos, a catro do segundo clasificado e unha soa derrota en dez xornadas. O seguinte partido será na casa contra o CD Vilar de Barrio.

 

 

Pola contra, o CD Trives sitúase en postos de descenso á espera do seguinte partido, no campo do Taboadela que perdía hoxe contra o CD Córgomo Vilamartín (segundo clasificado).

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button