CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O CEIP Condesa de Fenosa do Barco estrea as súas curtas de animación no Teatro Lauro Olmo

"Fiz, o coleccionista de medos" e "Chocolata" forman parte dun dos proxectos dos Polos Creativos co alumnado de 1⁰, 2⁰ e 4⁰ de Primaria

 

Coma se dos Goya se tratara, con alfombra vermella, photocall e animación musical na tarde deste xoves 6 de xuño estreábanse no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras as dúas curtas de animación elaboradas no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa dentro do Plan Proxecta “Nós tamén creamos”.

“Fiz, o coleccionista de medos” e “Chocolata” forman parte dun dos proxectos dos Polos Creativos do colexio co alumnado de 1⁰, 2⁰ e 4⁰ de Primaria que hoxe foron os verdadeiros protagonistas da tarde.

 

 

No acto, presentado por Gargallada Teatro, non faltou a música, a cargo do Grupo de Pandereteiras do colexio que guiado pola profesora Xilda Durán interpretaron dúas pezas: Muiñeira de Laxoso e Ole Laranxiña, nin as diferentes intervencións. A directora do centro, Carmela García, foi a encargada de dar a benvida ao público asistente, excusando aos membros da corporación municipal “que non poden estar por ter Pleno”. José María García, presidente do Cine Club Groucho Marx falou de cine e adiantou que “estas dúas curtas serán proxectadas na edición deste ano da Semana de Cine do Barco para todo aquel que non pudera asistir hoxe”.

 

 

Pola súa banda, o responsable do proxecto, o profesor Xaquín Freixeiro, explicou a importancia dos coñecementos audiovisuais “a nivel linguaxe, a nivel de normalización e tamñen de creatividade” antes de dar paso aos vídeos de “Así se fixo” e por último á proxección das curtas.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button