Algo nerviosos pero tamén ilusionados por reencontrarse cos amigos e compañeiros, volvían ás clases os alumnos do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, no Barco de Valdeorras, na mañá deste mércores 11 de setembro.
Comezaban ás 9:45 e non rematarán ata as 16:15 horas cos servizos tanto de transporte como de comedor xa dende o primeiro día. De feito hoxe era o propio director, que recibía aos alumnos que chegaban ao centro en autobús, dándolle paso ao patio e de aí ao interior do colexio.
Dende o centro lembran que o luns será festivo local xa que o 14 de setembro (festa do Cristo) é sábado.
Fotos: O SIL.