As clases desenvolveranse do 24 ao 28 de setembro de 17 a 20 horas
Entre o luns día 24 e o venres día 28 de setembro, as instalacións do CEIP Manuel Respino da Rúa acollerán de 17 a 20 horas, un curso gratuíto de cociña básica e restauración.
O curso está organizado pola Asociación GDR7 Valdeorras, no marco do programa de desenvolvemento rural 201-2020, e as inscricións están abertas ata o día 23 de setembro nas oficinas do Concello da Rúa ou na sede do GDR7 sita na Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras.