CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Manuel Respino da Rúa comeza unha nova etapa coa reforma integral do centro e nova directiva

As obras suporán un investimento de 634.000 euros e a súa licitación publícase hoxe

 

Unha nova etapa comeza hoxe para o CEIP Manuel Respino da Rúa, cunha nova directiva dirixida por Emilio González e unha reforma integral do centro escolar.

Así o anunciaba o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro na visita que realizaba á Rúa na mañá deste 28 de xullo. No patico do colexio público e acompañado pola nova xefa territorial de Cultura, Educación e Universidade na provincia de Ourense, Judith Fernández; polo alcalde da Rúa, Álvaro Fernández; e polo novo director do centro, Emilio González, Alén Castro explicou que o CEIP será obxecto dunha importante obra de eficiencia enerxética e de accesibilidade cun investimento de 634.000 euros. “Realmente será unha reforma integral que afectará tamén á carpintería, pintura, renovación de baños, ascensor,… obras importantes que se enmarcan dentro da política da Administración Autonómica do Plan de Arquitectura Pedagóxica que xorde froito da reflexión da pandemia que nos leva a buscar espazos abertos, polivalentes e ventilados. Un plan 21-23 a tres anos cun investimento moi importante de 191 M de euros con espazos polivalentes non só na actividade lectiva senón tamén fóra”, dixo o delegado.

 

O delegado da Xunta en Ourense Gabriel Alén, no CEIP Manuel Respino da Rúa.

 

Nese aspecto Gabriel Alén subliñou un acordo coa FEGAMP para que os Concellos poidan facilitar, a través da custodia desas actividades o uso destas instalacións fóra do horario lectivo. “Unhas instalacións polas que nos parece importante apostar, reformalas e poñelas a disposición da cidadanía especialente no rural, onde quizais hai menos posibilidades”. Importancia que ratificaba a xefa territorial “para darlle pulo a estes centros do rural que esperamos que neste caso sexa moi satisfactoria para toda a comunidade”, dixo.

 

O alcalde da Rúa, Álvaro Fernández.

 

Novo aparcadoiro para o centro escolar

Contento do investimento no colexio ao que xa que lle facía moita falta, segundo as súas palabras, o alcalde da Rúa, Alvaro Fernández, explicou que estas obras son ca ontinuación “ao traballo que se leva facendo dende que entramos no Concello coa renovación da caldeira, renováronse as aulas de musica e infantil. Estase facendo un esforzo importante para que os veciños da Rúa, os nenos neste cas teñan unhas mellores instalacións, maior confort e seguridade”, dixo, aproveitando a ocasión para adiantar que por parte do Concello teñen en mente facer un aparcadoiro nunha finca adxacente “grazas á cesión dos terreos por parte dun particular, para garantir a seguridade na contorna do colexio e mellor confort de toda a comunidade educativa”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button