CulturaCulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP Manuel Respino da Rúa inicia o curso con nova directiva

 

Unha nova etapa comeza hoxe para o CEIP Manuel Respino da Rúa. Cunha reforma integral xa licitada e unha nova directiva dirixida por Emilio González, na mañá deste xoves 9 de setembro comezaba o curso escolar 2021/2022 neste centro rues.

Aínda que de xeito un pouco máis relaxado que o ano pasado, as medidas anticovid seguen vixentes por iso a entrada ao patio dos diferentes ciclos facíase por tramos dende as 9:15 e ata as 9:30 e polas dúas portas que ten o centro (candela grande e porta da avenida Vilela).

Unha vez dentro, os cativos emocionados e coas mochilas listas esperaban no patio cuberto ata que, xa por clases (grupos burbulla) e detrás da correspondente profesora, collían rumbo ao interior. Alí botaban xel hidroalcohólico e dirixíanse ás súas respectivas clases.

Para dar a benvida aos cativos, despois dos meses de vacacións, a nova directiva sorprendía cunha bonita decoración e música ambiental.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button