O CEIP O Bolo e o CEIP San Marcos de Cartelle son os dos centros educativos da provincia de Ourense seleccionadas polo Centro de Arte Fundación María José Jove para a IV edición de ‘O MUV na escola rural’, un programa enfocado a conectar ao alumnado co seu entorno local e a cultura contemporánea e que leva fisicamente o seu Museo Virtual (MUV) a escolas de Galicia, contribuíndo a eliminar algún dos obstáculos de acceso aos que se enfrontan día a día.
No CEIP O Bolo o número de alumnado foi decrecendo co paso do tempo, sendo na actualidad 13 os escolares de diversos niveis educativos, desde Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Contan cun ambiente moi familiar e realizan diferentes encontros entre toda a comunidade educativa.
Esta edición do ‘MUV na escola rural’, desenvolverase de xaneiro a xuño de 2025 e estará un mes en cada escola, durante o cal alumnado e docentes poderán visitalo e implementar os recursos creados durante a formación.
Nste curso o artista Misha Bies Golas, cuxa obra está presente na Colección de Arte Fundación María José Jove, é o encargado de levar a cabo a proposta xunto ao Área de Educación e Mediación do Centro de Arte Fundación María José Jove. “Comeza así un novo ciclo trianual, no que se convidará ao artistas a pensar, deseñar e traballar sobre diversos temas coas escolas seleccionadas”, explican dende a Fundación.
No marco dunha iniciativa educativa enfocada a conectar ao alumnado co seu entorno local e a cultura contemporánea, “proponse a creación de pequenos museos efímeros, tomando como referentes museos populares, gabinetes de curiosidades, coleccións diversas ou casos particulares como o Parque do Pasatempo, o Museo Carlos Maside ou o MUV (Museo Virtual do Centro de Arte da Fundación María José Jove), entre outros, que servirán de inspiración para dotar a estes espazos de contidos e formas”.
Como en ediciónss anteriores, as escolas estarán conectadas a través dun caderno de bitácora dixital, a partir da que se desenvolverá unha publicación final que recollerá toda a experiencia.