CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa abre a programación navideña cunha actuación na Residencia N. Sra. de Fátima, no Barco

Os alumnos do centro barquense cantaron e bailaron diante dos residentes, na tarde do 16 de decembro

 

Como cada ano por estas datas, o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras ten preparado un completo programa navideño cheo de actuacións musicais e visitas.

A primeira tiña lugar na tarde do 16 de decembro. Unha representación do alumnado cantaba e bailaba para os maiores da Residencia N. Sra. de Fátima do Barco que, a modo de recompensa por animarlles a tarde, agasallaron a cada neno cunha manualidade feita por eles mesmos.

Mañá, martes 17 de decembro, o alumnado de Infantil do centro escolar barquense recibirá a visita do Apalpador entre as 10:15 e as 12h.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button