CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco prepárase para celebrar o 8M

 

O vindeiro martes 8 de marzo é o Día Internacional da Muller, unha data que sempre conmemoran nos centros educativos. Como a previsión meteorolóxica non é boa para ese día, no caso do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco decidían adiantar a celebración para o luns 7 de marzo.

 

Preparando a pancarta no CEIP Condesa de Fenosa.

 

Para ese día teñen previstas diferentes marchas reivindicativas da igualdade de dereitos de mulleres e homes, durante a mañá (uns por Viloira, outros pola Raña e os maiores pola ponte de Vilamartín e volta por Arnado) para confluír nun acto central que realizarán na área recreativa do Salgueiral arredor das 12:30h. “Alí leremos un manifesto e un poema. Os alumnos irán con roupa de cor negra e un distintivo redondo de cor violeta decorado por eles. Ademais, colocarán unha pancarta na pasarela sobre o Sil, na que estampamos as mans de todo o alumnado”, adiantan dende o centro.

 

Distintivo decorado polos alumnos.

 

Como broche á actividade, farán un xantar campestre con todo o alumnado do colexio como fin de celebración.

Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button