O CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas do Barco recibiu hoxe a visita de Carmen Pomar, conselleira de Educación, con motivo das obras que se están a desenvolver no centro. Estas obras, cuxo investimento ronda os 400.000 euros, consisten na substitución da cuberta con panel illante intermedio e no peche lateral da pista deportiva situada no patio do centro. O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa tamén recibiu a visita da conselleira.

Ademais, instalaranse aseos, vestiarios, un almacén, e un espazo cuberto contiguo, como alternativa á pista deportiva en caso de choiva. Así, a conselleira anunciou nesta visita que asinará un acordo co Concello do Barco para que a poboación barquense poida utilizar as instalacións en horario non lectivo.
O prazo para esta obra será ata o 11 de setembro, día no que comezará o curso escolar. “Estamos seguros de que o compromiso das empresas se vai levar a cabo, e que os cativos poderán desfrutar das novas instalacións cando comece o curso”, afirmaba Carmen Pomar durante a visita. Pola súa banda, o alcalde do Barco, Alfredo García afirmaba que “é certo que este pavillón costou, pero toca felicitarnos mutuamente”
Texto: Alba Prada
Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información sobre o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa: https://osil.info/o-ceip-condesa-de-fenosa-reivindica-a-ampliacion-da-sua-cocina-con-motivo-da-visita-da-conselleira-de-educacion/