CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotos

O CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira descobre o Barco no outono coa “Milla Diaria”

Trátase dunha actividade física incluída no Plan Proxecta, no que participa o alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º de Primaria

 

Seguindo a filosofía pola que o centro recibiu o distintivo “Selo Vida Calidade” outorgado polo Ministerio de Educación, en recoñecemento á promoción e dinamización de hábitos de vida activa e saudable, no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco de Valdeorras) apostan neste curso por un pouco de deporte extra ao aire libre.

Así, para incrementar a carga de actividade física diaria do alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º de Primaria dentro do horario lectivo, decidían celebrar a “A Milla Diaria” dentro do Plan Proxecta. Trátase de andainas que xa levan varias semanas realizando ao longo da mañá polos arredores do centro (Xardíns da Casa Grande, praza de Viloria, Campiño, beira do río…). “Son unha actividade fantástica para combater o sedentarismo, que recomendamos ás familias realicen tamén cos seus fillos en horario de lecer, e se pode ser pola montaña, moitísimo mellor”, aseguran dende o centro, engadindo que aproveitan as saídas para observar as características do outono na flora, as setas, a fauna que hai polo río,… “Aos rapaces gústalles moito e cada día preguntan a que hora saímos a facer a milla”.

Nun curso marcado polo Covid e as limitacións de contacto e movemento, apenas hai actividades extraescolares deportivas (baloncesto, voleibol, fútbol sala, judo,…) polo que esta iniciativa serve tamén de excusa para fomentar a actividade física entre os cativos.

Fotos: CEIP Ramón Otero Pedrayo

Artigos relacionados

Back to top button