CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira, entre os premiados no concurso de Entroido 2022 dos Bolechas

O premio para o centro barquense foi pola foto 'Que treman os malvados!' de 5º de Infantil

Cartel do concurso.

 

O concurso escolar de Entroido para centros de Educación Infantil e Primaria de toda Galicia posto en marcha polos Bolechas e Grelo Comunicación foi todo un éxito, con máis de 500 fotografías de 308 centros educativos diferentes, recibidas entre o 21 de febreiro e o 4 de marzo.

Tal como explican dende a organización, “o éxito de participación confirma o desexo de recuperar esta festa tan nosa como é o Entroido, que sempre tivo moita acollida entre a cativada galega. De feito, moitos colexios aproveitaron a Unidade Didáctica e o material aportado nesta iniciativa para traballar o Entroido e mesmo mandaron fotos relacionadas co traballo nas aulas deste material didácticos”. Desde fotos individuais ata clases enteiras disfrazadas, carteis, máscaras, materiais elaborados para os disfraces, pasacalles, aulas engalanadas para o Entroido… “Todo tivo cabida nas fotos do concurso, demostrando unha vez máis o gran traballo que leva a cabo o profesorado de Galicia no día a día das aulas”, aseguran.

Algunhas das fotos foron publicadas nas redes sociais dos Bolechas pero todas as participacións recibiron un diploma e entraron no sorteo de 20 agasallos, entre os que hai material informático, discos dos Bolechas e lotes de libros da popular familia.

 

A foto do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco).

 

Gañadores en Ourense

O luns 7 de marzo realizábase o sorteo e o día 8 publiábase na web dos Bolechas e nas redes sociais os títulos das fotografías que resultaron gañadoras. Así mesmo, contactouse cos colexios para informalos de que foron agraciados e anunciarlles o envío dos agasallos, entre eles cos tres ourensáns afortunados: o CEIP Ramon Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras pola foto ‘Que treman os malvados!’ de 5º de Infantil; o CEIP Mariñamansa, que gañou coa fotografía ‘Entroido dos Bolechas’ da clase de 1º de Primaria; e o CRA Monterrei por ‘Despois de moitos anos, as vacas volven ás rúas de Pazos’.

Artigos relacionados

Back to top button