EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Centro Comercial Aberto O Barco elixe aos modelos para a súa pasarela de moda

Unha vintena de adultos presentáronse ao casting celebrado na tarde do 6 de setembro no Malecón

Primeiro eran os nenos e despois os adultos. Unha vintena de persoas participaban na tarde do 5 de setembro no casting para seleccionar modelos para a II edición da pasarela O Barco de Moda que se celebrará na tarde do vindeiro 20 de setembro no Barco, organizada polo Centro Comercial Aberto.

Malia que a maioría dos establecementos que participarán no desfile levarán modelos propios, os catro membros do xurado (Cristina, Ángeles, Alejandra e Diana Ortiz -coordinadora da pasarela-) tiveron que elixir entre os inscritos, prestando especial atención á desenvoltura, xa que nesta ocasión non é necesario ser o máis guapo nin o máis alto, senón saber defender as prendas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis fotos sobre o casting: https://osil.info/o-casting-infantil-do-cca-o-barco-reune-a-mais-de-corenta-cativos/

Artigos relacionados

Back to top button