EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O casting infantil do CCA O Barco reúne a máis de corenta cativos

Unha trintena dos participantes desfilarán o 20 de setembro na Pasarela O Barco de Moda

 

Coa súa gracia e espontaneidade, os cativos son unha das principais atraccións nos desfiles de moda organizadas dende o sector comercio, por iso é grande a expectación que espertan.

A Pasarela O  Barco de Moda que o CCA está preparando para o 20 de setembro non é unha excepción, por iso dende a organización puxeron en marcha un casting infantil para elixir á trintena (aproximadamente) de cativos que participarán nesta edición.

A resposta foi moi boa por parte da poboación barquense con máis de corenta nenos (ata 14 anos) inscritos, que na tarde do 5 de setembro desfilaron pola alfombra rosa diante do xurado presidido por Diana Ortiz, directora e coordinadora da Pasarela.

Despois de desfilar, amosando o seu mellor sorriso, os cativos recibían unha bolsa de lambetadas e os aplausos do público. A partires das oito da tarde tocaralle o turno aos adultos nun novo casting.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis fotos sobre o casting: https://osil.info/o-centro-comercial-aberto-o-barco-elixe-aos-modelos-para-a-sua-pasarela-de-moda/

Artigos relacionados

Back to top button