En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Centro Cultural Avenida da Rúa estrea proxector dixital

Coa súa posta en marcha regresa o cine a esta infraestrutura cultural de referencia

As proxeccións de cine volven ao Centro Cultural Avenida da Rúa, despois de varios anos. Esta infraestrutura vén de estrear un proxector dixital, que se utilizaba por primeira vez na noite do 5 de decembro na presentación en Valdeorras do documental “O desafío do Sil”, do petinés Domingo Díaz. Así o sinalaba o alcalde rues, Luis Fernández, durante ese acto.

Ademais o rexedor anunciaba que con este novo equipo “imos recuperar a programación de cine e volver a desfrutar del neste espazo”. O Centro Cultural Avenida da Rúa está considerado unha das salas de referencia en Galicia, tanto polas condicións da sala e de aforo, como pola antigüidade e singularidade do seu edificio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button