Parece que foi onte e pasaron xa sete anos dende que André Faria abría o seu centro de adestramento no Barco de Valdeorras. Un aniversario que celebrarán mañá, venres 30 de agosto, cun aperitivo de 20 a 22 horas no local de Andrés de Prada ao que se traladaban o ano pasado.
“É un evento para os socios do centro de adestramento que arrinca a súa sétima tempada, a segunda en Andrés de Prada”, di André, explicando que se trata dunha despedida do verán “e un encontro para dar a benvida a esta nova tempada que comezará o luns día 2 de setembro de 7:30 a 22:30”.