EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O centro de adestramento persoal “AF Training Studio” estrea instalacións no centro do Barco

 

Leva cinco anos no Barco pero dende hoxe nas súas propias instalacións, no centro do Barco. Na tarde deste venres 1 de setembro o centro de adestramento persoal “AF Training Studio by André Faria” inauguraba o novo local na céntrica praza Andrés de Prada.

 

 

Tal como explica o propio André, comezaba a súa andadura no Viveiro de Empresas e agora chegaba o momento de dar o salto trasladándose ao centro da vila, a un local de 120 metros cadrados adicados á saúde, ao deporte e á nutrición. “Pronto incorporaremos o apartado de rehabilitación para completar a dobre vertente de deporte e saúde”.

 

 

Cun equipo cualificado (todos universitarios), no centro adícanse aos adestramentos persoais. “O que facemos é adestrar co cliente de forma individual para corrixir as súas pautas e mellorar a súa calidade de vida, sempre centrándonos no apartado de saúde”, di Andrés, recoñecendo que a eles recurre moita xente que non atopa cobertura nunha macro instalación. “O 80% da nosa clientela ten algunha patoloxía ou foi ao ximnasio e non lle foi ben ou non atopa quen lle marque unhas pautas e metas a conseguir; pero tamén temos especialidades”. Embarazo e posparto co propio André, preparación de deportistas con Anxo Rodríguez e Leticia Rodríguez que traballa con maiores, “somos un equipo no que cada profesional está especializado nunha rama e tratamos de dar cobertura a moita poboación”.

 

 

O equipo está formado polos tres adestradores personais e unha nutricionista á que pronto se sumará unha fisioterapeuta. “Esperamo que se incorpore antes do Nadal”, di Faria.

Con respecto ao horario, será intenso. “Comezamos ás sete da mañá porque o demanda moita xente, paramos unha hora a mediodía e estamos ata as 21:30 horas para dar cobertura a máxima poboación”, conclúe André desexando que o local guste á clientela.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button