Durante a fin de semana que dure a Feira do Viño de Valdeorras, en Viloira (O Barco), o CD Barco contará cun stand no que venderán as camisetas para asistir á final da Copa Deputación, o 8 de xuño no Couto.
A camiseta de edición especial pode mercarse tamén en Frutería Fina e Mar, Churrería A General, Bar Makoki, Peluquería Nilo e Bar La Plazita, todos, establecementos do Barco de Valdeorras. O prezo da camiseta máis a entrada ao partido é de 20 euros.
Dende o Centro de Deportes Barco agradecen ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras todas as facilidades que lle deron para poder montar este posto nunha feira “que significa moito para Valdeorras nun marco incomparable como a praza de Viloira”.






