A RúaConcellosÚltima hora

O Centro de Día A Rúa celebrará unha xornada de portas abertas o vindeiro 31 de marzo

Usuarios do Centro de Día A Rúa./ Foto cedida.

 

O Centro de Día A Rúa, pertencente á Rede de Centros de atención ós maiores da Xunta de Galicia, volve abrir as súas portas para dalo a coñecer á poboación. O vindeiro xoves 31 de marzo as profesionais do centro explicarán a todos os interesados en que consiste o servizo, que actividades se ofrecen para os maiores e como se pode acceder a unha praza.

Esta xornada forma parte do amplo programa de actividades coa comunidade que ofrecen. A psicóloga do centro, Soledad Diéguez, imparte no centro todos os luns á tarde un taller de estimulación cognitiva gratuíto e de libre acceso para todas as persoas interesadas. Por outra banda, xa se comezou a nova edición do taller “Eu cóidome, e ti?” que tivo tanto éxito no 2021.

Tal como adiantan, o Centro de Día A Rúa conta con prazas dispoñibles, e “todas as persoas interesadas en coñecer o servizo e as súas actividades poden contactar no 988 312 302 e tamén pasando polas instalacións situadas na rúa Padre Feijóo, 16”, apuntan.

 

Un dos talleres que se imparten no centro./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button