A RúaConcellosÚltima hora

O Centro de Día da Rúa pon en marcha a “Escola de Adultos”

Impartirase o luns 26 de setembro e todos os luns de outubro nas instalacións do centro ubicado na rúa Padre Feijoo, 16

Asistentes a un obradoiro impartido pola psicóloga do Centro de Día da Rúa, Mª Sol./ Foto cedida.

 

O Centro de Día da Rúa, pertencente á Rede de Centros de Atención ao Maior da Xunta, pon en marcha “A Escola de Adultos”, unha iniciativa que ten como obxectivo reforzar as capacidades cognitivas a través do aprendizaxe.

Tal como avanzan dende A Rúa, esta actividade vai dirixida a todas aquelas persoas maiores de 60 anos da comunidade e será impartido pola psicóloga do centro, Mª Sol, o luns 26 de setembro e todos os luns de outubro nas instalacións do centro ubicado na rúa Padre Feijoo, 16.

Os interesados poderán anotarse chamando ao teléfono 988 312 302 ou ben achegándose ao mesmo.

De forma paralela, o centro tamén organizará o vindeiro día 30 de setembro dende as 10:30 atas as 16:00h. unha xornada de portas abertas para todas aquelas persoas interesadas en visitar as instalacións, coñecer a vía de acceso ao mesmo, a organización do equipo e solventar todas as dúbidas que os interesados poidan ter.

Artigos relacionados

Back to top button