A VeigaConcellosÚltima hora

O ceo nocturno dende os telescopios do Centro Astronómico de Trevinca (A Veiga)

A galaxia de Andrómeda (M-31) vista dende un telescopio do Centro Astronómico da Veiga.

 

Aínda non pode visitarse, pero en canto o Centro Astronómico de Trevinca (A Veiga) abra as súas portas aqueles que percorran as súas instalacións poderán contemplar no seu interior espectaculares imaxes como estas, entre as que figura a da galaxia de Andrómeda (M-31).

“Esta galaxia está a 2,5 millóns de anos luz de distancia e é o obxecto máis afastado que se pode percibir a primeira ollada, desde lugares con ceos non moi contaminados de luz”, explica o experto en astronomía Óscar Blanco, un dos responsables do Centro Astronómico de Trevinca (A Veiga)

Estas tres imaxes foron tomadas “durante estes meses de probas, desde un dos telescopios do mismo centro”, en palabras de Blanco.

Fotos: Centro Astronómico de Trevinca.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button