
José Manuel Mallón, chef do Espazo Gastronómico Remollo en Ames, e de Finca Casa Barqueiro en Negreira (A Coruña) estará novamente á fronte do showcooking da XXVI Feira do Viño de Valdeorras na.
A súa cociña creativa poderá verse de novo ás 21:00 horas do domingo día 1 de xuño, nos Xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco). Novamente esta actividade terá prazas limitadas. O seu prezo é de 15 euros e nela poderán degustarse os pratos acompañados por unha escolma de viños amparados da Denominación de Orixe Valdeorras.
A reserva de praza poderá realizarse dende o luns 19 de maio ás 14:00h., chamando ao teléfono 651123 308 ou enviando un email a:comunicacion@dovaldeorras.com.
O chef MallónJ ose Manuel Mallón suma 25anos dunha traxectoria que se desenvolveu tanto detrás dos fogóns, traballando para establecementos de hostalaría, como impartindo charlas e formacións relacionadas co mundo da gastronomía.
A 26ª edición da Feira do Viño de Valdeorras inclúe outras actividades programadas como catas maridadas, concertos, concursos… Para a organización deste evento, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras explica que “conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, FEADER, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta de Galicia”.