DeportesÚltima hora

O ciclista rues Sergio Calvo Bembibre proclámase campión júnior da 4ª Challenge Volta a Girona

Era segundo na cronoescalada, a Vallter 2000, concretando por 7" o seu triunfo na xeral da proba catalana

 

A carreira deportiva do ciclista Sergio Calvo Bembibre vai vento en popa. Natural da Rúa e xuvenil de segundo ano, daba os seus primeiros pasos sendo un neno en casa, Valdeorras. Empezou a destacar co Emico-Erbi Bembibre ata que fichaba polo Club Ciclista Rías Baixas no que estivo ata o mes de abril cando se incorporaba á estrutura ciclista júnior da Fundación Contador, como parte do Eolo Kometa Cycling Team, equipo co que competirá o resto de tempada despois do acordo alcanzado entre os clubs e o corredor.

 

 

E precisamente co Eolo Kometa e os 18 anos recén cumpridos o 1 de maio Sergio proclamábase campión júnior da Volta a Girona, “unha carreira moi rápida”, asegura o propio ciclista. A primeira etapa de 77km constaba de tres subidas a un porto de 5km “moi duro”, puntualiza, explicando que “na terceira volta ataquei e puden ir cun ruso, baixando chovia moito e chegei a meta detrás del a dous segundos”.

 

 

A etapa do segundo día eran 90km con seis voltas a un circuíto de 15 km. “Eu o que quería era aguantar e ataquei na quinta volta e funme como un dos favoritos á xeral. Grazas ao meu equipo, puden ganar a etapa de montaña e defender a camiseta de líder”, conta, lembrando que a terceira etapa era unha cronoescalada de 12km. “Saín a intentar defender a camiseta de líder e conseguino por 7 segundos”, conta intres antes de saír a adestrar.

 

 

Dende o equipo de Sergio aseguran que a cronoescalada entre Setcases e Vallter 2000 “é un porto habitual na Volta a Catalunya cuns números moi respectables en canto a dureza, lonxitude e altitude, coa que se pechaba a Challenge Volta a Girona cun gran papel do galego”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button