O vindeiro sábado 18 de xullo o Centro de Información á Muller (CIM) de Quiroga en colaboración coa adega local EDV 2015 SL ubicada en Margaride de Lor, organiza unha cata degustación dirixida a mulleres.
Tratarase da primeira cata-degustación nocturna da Ribeira Sacra organizada por esta adega que xa foi a primeira en organizar a vendima nocturna. A saída será ás 21:00 horas diante da Casa da Cultura de Quiroga.
A actividade desenvolverase nunha viña da adega organizadora, haberá unha degustación gastronómica e todo elo estará acompañado de música en directo. Así, a data límite de inscrición é o xoves, 16 de xullo, nos teléfonos 982 43 89 51 e 982 48 00 01.