OurenseÚltima hora

O cineasta mexicano Iván Trujillo presidirá o Xurado Internacional do “Ourense Film Festival”

O actual director de TV UNAM recibirá en Ourense a máxima distinción anual que concede a Fundación Carlos Velo

Miguel Anxo Fernández, Iván Trujillo, Carmen Leyte e Xosé Manuel Rodríguez.

 

A 26ª edición do Ourense Film Festival, OUFF, que se celebrará o próximo 24 de setembro ao 2 de outubro, organizada pola Fundación Carlos Velo coa colaboración principal da Deputación de Ourense, continúa a súa progresión co anuncio por parte da organización da aceptación do cineasta mexicano e actual director de TV UNAM, Iván Trujillo, como director do Xurado Internacional da Sección Oficial, despois da súa reunión en Madrid cunha delegación da Fundación, coa súa presidenta Carmen Leyte á fronte.

Durante o citado encontro, trasladóuselle a Iván Trujillo a concesión da máxima distinción anual que concede a citada Fundación, Veliano de Honra, outorgada a quen mantivo relación co ilustre cineasta de Cartelle, do que Trujillo foi alumno e amigo distinguido. A concesión realizarase no marco do propio Ourense Film Festival e das súas características e desenvolvemento informarase proximamente. Na citada reunión tamén se ultimaron aspectos vinculados ao Taller Carlos Velo de documentais, unha iniciativa que se desenvolverá conxuntamente entre TV UNAM e OUFF, con alternancia anual entre ambos os países e que na súa primeira edición será unha das iniciativas da presente edición.

Iván Trujillo Bolio é cineasta egresado da Máxima Casa de Estudios. De 1989 a 2008 desempeñouse como director xeneral da Filmoteca da UNAM. De 2008 a 2010 ocupou o cargo de agregado cultural de México en Cuba e de 2010 a 2018 foi director xeneral de Festival Internacional de Cinema de Guadalaxara (FICG). No seu currículo conta con experiencia en materia de produción e difusión audiovisual en México.

Artigos relacionados

Back to top button