ConcellosO BarcoÚltima hora

O “Circo Krasnovarak” conquista ao público infantil en pleno Malecón barquense

É unha das actividades para os máis pequenos, dentro do programa das Festas do Cristo do Barco 2023

 

Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Circo Krasnovarak”, pero ¿que acontece? Non hai carpa e tampouco está Pepo o paiaso, nin os irmáns trapecistas…. Ó rato aparece Igor, o director e domador do circo asegurando que animais andan perdidos pola vila.

É a historia sobre a que xira o espectáculo itinerante que na tarde deste mércores 13 de setembro consquistaba aos cativos en pleno Malecón, no Barco de Valdeorras, como unha das propostas para o público familiar do programa das Festas do Cristo 2023.

Xunto ao domador, a súa axudante e un zancudo, desfilaron polo paseo varios animais xigantes: unha xirafa, un rinoceronte azu, un elefante rosa,… para ledicia e sorpresa do público.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button