OurenseÚltima hora

O Clínic de Baloncesto “Copa Galicia” achega a Ourense a aprendizaxe ao máis alto nivel

 

A Federación Galega de Baloncesto e AD Bosco Salesianos, coa colaboración de Deputación de Ourense e o Concello, reunían na mañá deste sábado 17 de setembro no Pazo dos Deportes Paco Paz a tres dos mellores adestradores do panorama nacional, no marco do Clínic “Copa Galicia”, actividade formativa promovida ao abeiro da Fase Final da Copa Galicia Masculina, competición que Ourense acolle na súa presente edición 2022.

O seleccionador nacional feminino, Miguel Méndez; o técnico ourensán do CB Tizona Burgos, Diego Ocampo; e o adestrador vasco Iñaki Martín, técnico axudante no Movistar Estudiantes na pasada temporada 21/22, conformaron o cadro de relatores desta actividade, motivada como homenaxe á memoria de Vicente “Nino” Santos.

Ao longo de toda a mañá, os tres adestradores compartiron cos 53 participantes as súas experiencias no eido deportivo, remarcando ademáis a importancia de poder reunirse para celebrar a memoria de figuras deportivas tan especiais para o Baloncesto Galego como é, precisamente, a de Vicente “Nino” Santos.

Este Clínic “Copa Galicia” obrou ademáis como preludio á final da XXXVI Copa Galicia na que se enfrontaron Monbus Obradoiro e Río Breogán.

Artigos relacionados

Back to top button