
Arranca na Rúa (Orense), a primeira marcha ‘Móvete polas enfermidades raras’ de 2022 en favor de Anasbabi Ciclopatías.
O Club Atletismo Rúa organiza para o domingo 24 de abril a 2ª andaina (a primeira foi no 2020) e primeira carreira nesta localidade valdeorresa, incluída no programa da asociación sen ánimo de lucro que pretende ser “un soporte, enlace e grupo de investigación para as persoas cunha enfermidade rara”. Será a primeira actividade das moitas que se realizarán ao longo do ano para recadar fondos en favor dos afectados por este tipo de doenza.
O circuíto constará dunha distancia de 7 quilómetros e tanto a saída como a meta das probas estarán situadas na praza de Fontei. O prezo da inscrición é de 5 euros por persoa e pode facerse na páxina web http://www.anasbabiciliopatias.es ata o 23 de abril ás 23h.ou nas tendas Okre (A Rúa) e Foot on Mars (O Barco). Os menores de 16 anos deberán ir acompañados de pais, nais, titores ou calquera familiar maior de idade.
Tamén se habilitará unha Fila 0 para as persoas que desexen colaborar sen participar na proba. A retirada de dorsais realizarase na mesma praza entre as 9 e as 10:30 horas e a andaina comezará ás 11.