DeportesMontañismoÚltima hora

O Club de Montañeiros Celtas comparte a súa experiencia da montaña co CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso

 

O Club de Montañeiros Celtas, en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel e o Concello de Folgoso do Courel, realiza hoxe e mañá varias actividades no CPI Poeta Uxío Novoneyra.

A alcaldesa de Folgoso, Lola Castro, foi a encargada de entregarlles esta mañá un agasallo aos nenos e nenas do colexio, unha prenda deportiva para o pescozo para empregar nas súas rutas.

A axenda deu comezo coa presentación e explicación das actividades de orientación. Ás 11:00 horas os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primara fixeron una marcha de orientación na aldea de Parada.

 

 

Ao remate, haberá un relatorio sobre a ‘Ascensión ao Annapurna (8091m)-Himalaia’, a cargo de Sechu López, o primeiro galego en subir a este monte, considerado un dos máis difíciles do mundo. A actividade diríxese a alumnas e alumnos de Secundaria.

A axenda retómase mañá día 14 ás 11:00 horas cunha marcha de orientación na aldea de Moreda para alumnos e alumnas de Secundaria.

Desde o Concello de Folgoso do Courel amósase o seu agradecemento ao Club de Montañeiros Celtas “por achegar a súa experiencia ao alumnado”.

Artigos relacionados

Back to top button