Logo de participar no ‘Gran bolazo naviñedo’ organizado polo club da Rúa, o Club de Petanca Valdeorras pechará a tempada co seu propio torneo de Nadal.
Será o vindeiro sábado 14 de decembro a partir das 9:30 horas, coma sempre nas pistas do Chao e nel participarán os anfitrións e tamén tripletas do Club de Petanca A Rúa, podendo contar tamén con xogadores de Larouco.