DeportesMontañismoÚltima hora

O Club Montañeiros Celtas retoma en marzo as rutas polo Xeoparque Montañas do Courel

 

Club Montañeiros Celtas retoma os percorridos polo Xeoparque Montañas do Courel (que abrangue o territorio dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Coure) e nos que xungue “montaña, historia, literatura, xeoloxía…”. Esta fin de semana faranse as etapas 19 e 20, con base en Seoane.

“O sábado andaremos desde Ferreirós ata o mirador do pico Polín (1378m) para descender ata Parada. Aquí temos prevista unha visita á Casa-Museo do poeta coureliano Uxío Novoneyra. O domingo faremos unha ruta pola serra das Travesas-Monte Cido, atravesando o precioso aciñeiral, con castro e necrópole, para facer unha paradiña no memorial da Táboa de Hospitalidade, pasar polo castelo de Carbedo e a igrexa de Esperante”, explican dende este club de montañismo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button