DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Club Natación Escualos comeza a tempada en Pontevedra

O equipo ourensán disputará este domingo a 1ª xornada da liga galega máster na Piscina Rias do Sur

Esta fin de semana arranca a liga galega master de natación na que participa o Club Natación Escualos de Ourense, coa primeira xornada prevista para o domingo 13 de novembro na Piscina Rías do Sur en Pontevedra.

O equipo ourensán está composto por 13 nadadores que levan adestrando dende o mes de setembro e están “preparados para participar en todas as probas da competición destacando os dous equipos de relevos”, explican dende Escualos. Pola súa banda, o adestrador, Hugo Nogueira adianta que o obxectivo desta campaña é o campionato galego de inverno que se celebrará en xaneiro. “Aí é donde hai que poñer a natación máster ourensá no mapa da natación galega”, dixo.

Coa incorporación ao equipo de seis novos nadadores, as ilusións do club “son máximas”, din.

Fotos: Club Natación Escualos

Artigos relacionados

Back to top button