Unha alta participación se rexistraba na 4ª proba da liga nacional de orientación, disputada esta fin de semana na localidade madrileña de La Cabrera, entre os que se atopaba unha delegación do Club Peña Trevinca Barco co obxectivo de que “as categorías de base vaian collendo experiencia”.
Tal como explican dende o club, o deportistas valdeorreses enfrontáronse a un terreno “moi diferente ao que están acostumbrados en Galicia, o que lles serviu en parte como preparación para o vindeiro campionato de España”. Unha das dificultades engadidas foi “correr sobre un terreno completamente nevado, o que complicou a orientación”.
As rapazas do Peña Trevinca Barco acabaron todas as súas carreiras “sen ningún erro”, puntulizan dende o club, destacando o primeiro posto obtido pola nova integrante do equipo, Yevheniya Chystyakova Beketova, na categoría F-21A e o cuarto na xeral de Iván Ramos Abelaira na categoría de M-21B.