Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Club Peña Trevinca prepara a 16ª edición da Andaina & Trail de Outono para o 13 de novembro

Saída da anterior edición da andaina, no Barco./ Foto: O SIL.

 

Como cada ano por estas datas dende hai case dúas décadas, o Club Peña Trevinca está preparando a súa Andaina & Trail de Outono que celebrará a 16ª edición a mediados de novembro.

Tal como explican dende o propio club, nesta cita sempre pretenderon ensinar os camiños e lugares máis espectaculares do Barco e os seus pobos. “Este ano tiñamos un percorrido espectacular, case todo por bosques de castiñeiros e viñedos, que mantemos para amosar a desgraza que sufrimos este verán”, din facendo referencia ao incendio de Valdeorras que afectou de forma debastadora aos concellos do Barco, Rubiá e Carballeda de Valdeorras. “Contamos co voso apoio e comprensión xa que é unha forma de homenaxear a todos os que o sufriron”, puntualizan.

 

 

Incluída no calendario da Copa Galega de Andainas 25 Km, a do Barco será a 7ª proba e celebrarase o sábado 13 de novembro dende o Malecón do Barco, con dúas posibles distancias: o percorrido oficial de 25 km saírá ás 9 horas e o popular de 15 que sairá ás 10 horas.

De dificultade media as inscricións poden realizarse ata o 9 de novembro ás 23:59 horas na web. http://www.clubtrevincabarco.org

Máis incormación en: http://25km.es

Artigos relacionados

Back to top button