DeportesÚltima hora

O Club Petanca Valdeorras asiste ao Torneo de inauguración das pistas municipais de Negreira

 

Dúas tripletas do Club Petanca Valdeorras participaban, na xornada deste domingo 20 de marzo, no Torneo de inauguración das pistas municipais do Concello de Negreira zona sur (A Coruña).

Á parte do torneo das Festas do Cristo que organizan no Chao (O Barco), o club valdeorrés participa en varios campionatos. O de Negreira, disputado no campo ubicado no Polígono Industrial de Covas, estendeuse dende as 10 ata as 19 horas aproximadamente, incluíndo o xantar, desfrutando dunha entretida xornada de petanca.

 

Os membros do Club Petanca Valdeorras que viaxaron ata Negreira./ Foto cedida.

 

Ademais a tripleta B do club valdeorrés, formada por Gabriel Álvarez, Bienvenido e Nicanor Ramos, traían para casa o 1º premio de consolación.

 

Gabriel Álvarez co trofeo.

Artigos relacionados

Back to top button