DeportesPescaÚltima hora

O Club Spinning Valdeorras promove a V Limpeza colectiva de plásticos nas marxes do Sil

Será o vindeiro domingo 9 de marzo, de 10 a 13 horas, en Vilamartín

 

A V limpeza colectiva de plásticos nas marxes do Sil, ao seu paso por Vilamartín, promovida polo Club de Pesca Deportiva Spinning Valdeorras será o domingo día 9 de marzo de 10 a 13 horas, co pavillón como punto de encontro.

Dende o club, que conta coa colaboración do Concello de Vilamartín de Valdeorras e o Club Fluvial O Barco, recomendan a todo aquel que se anime a participar, que leve luvas e calzado adecuado e adiantan que  sortearán entre os asistentes “dúas canas de spinning e merchandising do club (mochilas, bragas,…)” e tamén terán unha petiscada ao rematar.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button