DeportesÚltima hora

O Club Voleibol San Martiño, con xogadoras do Barco, no Torneo Internacional AMB en Portugal

Cedida.

 

O Dompavolei participa, un ano máis, no X Torneo internacional AMB en Espinho, Portugal, entre o 5 e o 11 de xullo. Recoñecido como o torneo para a mocidade máis importante de Europa, nel danse máis de 3000 deportistas durante unha semana para unha intensa competición de voleibol, pois ademais da convivencia, cada equipo disputa polo menos 2 partidos cada día.

Os obxectivos para o Club Voleibol San Martiño, tal e como adiantan dende esta entidade, “son claros: traballar a base dos equipos que participarán a próxima tempada nas competicións federadas, incluíndo xogadoras da sección do Barco, como sempre”.

Despois dunha gran tempada con bos resultados, a participación neste torneo desde hai moitos anos, vén sendo unha motivación para moitas das xogadoras, como peche do curso.

“Os equipos que viaxarán esta vez serán 2 alevíns, que competirán en “Minis” ata idade de nacemento en 2010 e 1 cadete (categoría iniciado) e 1 xuvenil, como se indicou antes, pensando nas categorías da próxima tempada. Esta circunstancia aumenta a dificultade da participación pois a categoría das xogadoras rivais serán maiores en correspondencia á idade dos equipos do Dompa”, indica o club.

Ademais desde este club ourensán aseguran que “o resto está aí, calquera resultado será positivo se recollemos aprendizaxe e experiencias valiosas para futuras competicións”.

Artigos relacionados

Back to top button