OurenseÚltima hora

O CN Escualos homenaxea ao equipo máster de augas abertas, campión do XVI circuíto galego

O acto tiña lugar no marco da presentación dos equipos para esta tempada, celebrado en AQA Ourense

 

Na tarde do 19 de setembro, as instalacións do AQA Ourense acollían a presentación do Club Natación Escualos Campus da Auga para a tempada 2019-2020, á que asistía a vicerreitora do Campus da Auga, Ester de Blas Varela e o director de AQA Ourense, Ricardo Camba.

No acto, o club rendía unha merecida homenaxe ao equipo de augas abertas como campión do XVI circuíto galego na categoría máster masculino, ademais dunha charla técnica por parte dos adestradores e a presentación do novo cronómetro de piscina que CN Escualos instala en AQA Ourense para o uso de todos os usuarios.

Coa mente posta xa na primeira xornada da liga galega, o 20 de outubro, o club ourensán arranca un novo curso “aspirando a todo” e co obxectivo de “estar como o ano pasado nos postos altos das clasificacións”. Para iso seguen contando con Hugo Nogueira Pinto como adestrador e “un dos baluartes do equipo” e co apoio de AQA Ourense como centro acuático de referencia.

A gran novidade desta tempada é un novo equipo de augas abertas liderado por Jesús Carlos Quintas Barros, “experto nadador de travesías e adestrador”, puntualizan dende os Escualos, adiantando que tamén reforzan o seu compromiso coa competición en piscina, ampliando os horarios de adestramento.

Fotos: CN Escualos.

Artigos relacionados

Back to top button