En portadaÚltima hora

O Colexio de Enfermería de Ourense cumpre 100 anos homenaxeando á profesión cunha escultura e cun libro

Celebraba un emotivo acto neste 11 de novembro na cidade das Burgas durante o cal se presentaba a obra "Luz Aurea"

 

De maneira moi especial vén de celebrar neste 11 de novembro, día de San Martiño, a Organización Colexial de Enfemería de Ourense o seu primeiro centenario. Era o pasado mes de xuño cando lle tocaba soprar as veas destes 100 anos da entidade, cos que se marca o inicio oficial da profesión na provincia.

“Non queríamos deixar pasar este ano 2020, no que ademais do noso centenario se celebra  o Ano Internacional das Enfermeiras e Matronas, sen ter un pequeñou homenaxe á profesión”, destaca a presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, “dabondo sabemos por todo o que pasou o persoal sanitario desde marzo e, aínda que non podemos celebralo con todas as colexiadas e colexiados como nos gustaría, polo menos podemos facer este acto, con todas as medidas de seguridade pertinentes, para conmemorar o nacemento da profesión”.

Así, a partir das 13h. iniciábase un acto, á entrada do novo edificio do Hospital Universitario de Ourense, no que se inauguraba unha escultura “Lux Aurea” (do artista Gonzalo Eiriz), instalada nese lugar que homenaxea á profesión. A este evento asistían diversos representantes da Xunta de Galicia, do Sergas, así como de autoridades locais.

Tanto o seu título como a idea do deseño teñen a inetnción de non deixar a ninguén indiferente. Destaca a presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo. “Queríamos unha peza que fose distinta ao que hai ao redor, de ahí que sexa de aceiro. También que sexa de libre interpretación, que cambie o que ves segundo a perspectiva desde onde a mires. E o seu nome é porque, grazas ao seu material, reflicte a luz de Ourense”.

“Luz Aurea” é escultura de 2,80 m de alto (sen contar o pedestal de pedra no que está ancorada) de aceiro puído, realizada mediante a modelaxe e a soldadura das diferentes pezas que a conforman. Trátase dun traballo artesanal, “moi laborioso que non pode ser realizado sobre moldes, senón que, o aceiro é traballado no aire, moldeando progresivamente cada unha das súas partes. En definitiva, unha peza que parece simple pero que en realidade, é de alta complexidade e require de gran destreza á hora de darlle forma ás distintas partes da escultura”, tal e como destacan dende a entidade colexial.

 

A presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense xunto á escultura que homenaxea á profesión, co libro que recolle a súa historia na provincia.

 

“Eu vexo a silueta dunha enfermeira feita con formas circulares, xogando co espectador ata o punto de facerlle crer que a obra flota, levantá ndose sobre sé mesma no aire”, apunta o creador desta obra, Gonzalo Eiriz.

Foi posible colocala nos citados xardíns (na rúa Cruceiro Crebado), grazas á colaboración da Consellería de Sanidade e da xerencia da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que cederon o terreo para o seu ubicación. O Colexio Oficial de Enfermería de Ourense tamén contou coa colaboración doutras entidades como a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense, seguros A.M.A. e seguros Previsión Sanitaria Nacional.

 

O artista Gonzalo Eiriz, autor de “Luz Aurea”, xunto a esta obra.

 

Presentación do libro “Cien Años de Historia del Colegio de Enfermería de Ourense”

Ademais, no marco desta celebración, tamén se presentaba o libro “Cien Años de Historia del Colegio Oficial de Enfermería de Ourense​”, do escritor Carlos Álvarez Nebreda, que ten compilado toda a documentación existente para elaborar unha obra que recolle toda a traxectoria desta organización colexial dende a data da súa creación oficial, en xuño de 1920.

Finalmente, a colexiada María Ángeles Gómez e o colexiado, Manuel Pulido Picouto, foron homenaxeados en representación “de todas as compañeras e compañeiros que levan toda a vida exercendo a profesión enfermeira”.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-celebracion-do-centenario-do-colexio-de-enfermeria-de-ourense-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button