
Case imprescindible en calquera centro hoxe en día para facilitar a conciliación familiar e moi demandado polos pai, o servizo de ‘madrugadores’ incluirase neste curso 2022/2023 na lista de servizos que ofrece o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras.
Así o veñen de anunciar, a través das redes, dende o Concello, explicando que “durante o curso pasado, e despois da supresión dunha aula por parte da Consellería polo baixo número de alumnado, Concello e pais puxémonos a traballar para tentar darlle ao noso colexio o valor que se merece”.
Agora mesmo o colexio de Vilamartín conta coon transporte, madrugadores, cociña propia, actividades extraescolares gratuítas 2 días á semana, material escolar gratuíto para os pequenos de Educación Infantil e numerosas actividades que desenvolven o longo do curso.