CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Colexio Divina Pastora do Barco acollerá unha xornada sobre os menores e Internet

O acto está organizado pola Anpa e contará coa asistencia de dous ponentes, o 27 de abril ás 18h.
Exterior do colexio Divina Pastora do Barco.

O salón de actos do Colexio Plurilingue Divina Pastora do Barco de Valdeorras acollerá, o vindeiro 27 de abril, unha xornada sobre “Menores e Internet, unha responsabilide compartida: pais e fillos en rede”.

O acto está organizado pola Asociación de nais e pais do colexio e está aberta “a calquera persoa que teña inquedanza e queira formarse das consecuencias de que os nosos fillos menores de idade accedan ao mundo de Internet”, explican dende a Anpa, engadindo que se abordará baixo un formato dinámico e multidisciplinar relacionado coas Redes Sociais, e tratará as oportunidades e desafíos que o mundo dixital plantea tanto á sociedade en xeral como á comunidade educativa.

Os encargados de impartir as ponencias serán Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela; e Daniel Neira Barral, avogado especialista en Internet e Investigador da Universidad de Santiago. “Ámbolos dous expertos en estudos de adolescentes e Internet en Galicia cun traballo realizado ao respecto, e coautores do libro Adolescentes y nuevas tecnologías: una responsabilidad compartida“.

Para facilitar a asistencia, durante a charla haberá un aula para os nenos ao coidado de profesores do centro escolar.

Artigos relacionados

Back to top button