OurenseÚltima hora

O Colexio Divina Pastora de Ourense “celebra a vida” entregando recoñecementos a colectivos que coidan e protexen aos cidadáns

 

O domingo 16 de marzo, o Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense pechaba, a través do Departamento de Pastoral, o final da semana do obxectivo ‘Celebra a Vida’ agradecendo o labor dun grupo de asociacións e profesións que coidan e protexen aos cidadáns. “Non se podía celebrar a vida doutra maneira que á beira deles”, din dende o centro escolar.

O Salón de Actos do Colexio servía de cariñosa contorna a este acto que se ía a celebrar nas inmediacións da Subdelegación do Goberno, pero que a ameaza de choiva fixo que fose en interior.

 

 

Alí, Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local, Asociación de Axuda Contra o Cancro, BRIF de Laza, Cáritas, Médicos e Sanitarios, Irmás Misioneiras do Divino Pastor, Cruz Vermella, Protección Civil , Proxecto Home, Aixiña, APMOU, Centro Penal e Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense tiñan un merecido recoñecemento polos seus quefaceres diarios.

“Un alumnado entusiasta agradeceu con aplausos o seu labor e unha actuación de baile puxo fin a esta xornada de agradecemento e de celebración da vida”.

VI Liga Pilabot de Recollida de Pilas Usadas

 

 

Un día despois de recoller o seu recoñecemento, os Ecovixiantes remataban a súa participación na VI Liga Pilabot de Recollida de Pilas Usadas, entregando 3.000 kg de pilas ademais das entregadas anteriormente.

 

 

“O obxectivo do noso alumnado (nesta edición participaron 477 rapaces) é o coidado da nosa casa común, o planeta”, di o profesor Gonzalos Sánchez, lembrando que “unha pila común contamina uns 175.000 litros de auga; e unha pila botón ata 600.000 litros”.

 

 

Ecovixiantes de Franciscanas obtivo un segundo premio nas dúas edicións últimas polo que o profesor móstrase “moi orgulloso do traballo realizado”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button