CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O Colexio Divina Pastora do Barco celebra o Día Europeo do Deporte Escolar con actividades en distintas zonas da vila

Publicidade

 

Hoxe, venres 30 de setembro, celébrase o Día Europeo do Deporte Escolar, adicado este ano á protección do medio ambiente, con eventos deportivos ecolóxicos e sostibles.

Trátase dun día escolar dedicado a divertirse, xogar xuntos e promover a actividade física e a saúde para todos. Unha celebración que brinda ás escolas a oportunidade de fomentar a inclusión social e desenvolver competencias sociais entre os seus alumnos; crear diversión e gozar a través de iniciativas de actividade física para mozas; elevar o perfil da educación física e o deporte escolar; e promover a saúde e o benestar para a aprendizaxe permanente.

 

 

Co obxectivo de promover que os centros educativos impartan actividades para loitar contra o sedentarismo, fomentando hábitos saudables, no Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras sumábanse a esta iniciativa mundial cunha xornada ao aire libre.

Dende Infantil e ata 4º da ESO (os maiores fixeron ás veces de monitores) e distribuídos por cursos, a xornada deportiva arrancaba para o centro escolar barquense en torno ás dez da mañá cortando a cinta na entrada do colexio. A partires de aí, comezaban unha andaina pola vila ata chegar aos diferentes puntos nos que levar a cabo as actividades: O Chao para os máis pequenos, O Salgueiral, Calabagueiros, a beira do río no Malecón,…

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button