En portadaÚltima horaVídeos

O Colexio Divina Pastora do Barco conmemora o Día da Paz cun animado acto na praza do Concello

 

Un ano máis, na mañá deste martes 30 de xaneiro o Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras celebraba por todo alto o Día da Paz, cunha animada concentración na praza do Concello, renovando así o seu compromiso para educar no respecto e a tolerancia.

 

 

Ondeando nas mans dos cativos imaxes de pombas e flores de cores como símbolos de amor e paz, o acto comezaba coa presentación por parte da directora do centro. De seguido tomaban a palabra o alcalde do Barco, Alfredo García, e máis a concelleira de Educación, Margarida Pizcueta, quenes destacaron que a convivencia ten moito que ver coa paz que é “a cara dunha moeda que tamén ten unha cruz como son as guerras ou os conflitos”, animando a alumnos, profesores e mesmo familiares a “seguir traballando para que a paz teña outro significado e non o contrario a guerra e violencia”.

 

 

Despois todos xuntos bailaban e cantaban pola “paz que me das” antes de que dous alumnos do centro e unha nai leran uns fermosos poemas cos que pechaban o acto.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button