SanidadeÚltima horaVídeos

O Colexio Divina Pastora do Barco entrega á AECC a recadación da andaina solidaria celebrada en novembro

 

Antes de coller as vacacións de Nadal o Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras quería facer a súa aportación á Asociación Española Contra o Cancro.

Por iso, na tarde deste mércores 20 de decembro, xusto antes de comezar o Festival de Nadal dos máis pequenos do colexio, entregaban o cheque coa recadación da andaina solidaria celebraba o 21 de novembro. Unha cita na que participaba todo o colexio así como moitos familiares como complemento ao Día Mundial da Loita Contra o Cancro de Mama.

 

 

En total foron case 760 os euros recadados, que irán destinados ao programa de “Bamco de préstamo de material ortoprotésico”.

En representación da AECC estaban no acto Gloria Pérez, delegada da Asociación no Barco e Jacqueline Rodríguez, psicóloga da Asociación no Barco. Por parte do colexio, facía entrega a directora, María del Carmen Páramo.

Fotos de vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button