Coa prevención de violencia de xénero entre familias e alumnado así como o uso adecuado de Internet das novas tecnoloxías como finalidade, nace o proxecto ‘En Rede’ posto en marcha pola Federación de ANPAs de colexios privados e concertados de Ourense e o ANPA do Divina Pastora do Barco de Valdeorras.
Dirixido a alumnos de 2° da ESO, conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e do Concello do Barco.
Así, na mañá deste mércores 9 de outubro os estudantes participaban nun programa radiofónico e grabación de podcast que serán enviados ás familias participantes. Antes, mantiñan unha entretida charla sobre igualdade e diferencias entre violencia de xénero e violencia machista, entre outros temas, recibindo a visita do concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Barco, Orlando Saavedra.
Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeos cedidos.