OurenseÚltima horaVídeos

O Colexio Mª Inmaculada de Verín entrega á AECC en Ourense a doazón conseguida pola venda de CD´s de panxoliñas

 

O Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Verín acollía un importante acto de doazón á Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.

O acto solidario comezaba xa no Nadal cando o alumnado do centro escolar producía CD´s de panxoliñas, que posteriormente eran vendidos ao profesorado, comunidade educativa, pais, nais, ANPA e poboación xeral.

Toda a recadación obtida da iniciativa foi destinada como doazón para a AECC en Ourense que era entrega hoxe nun acto que contou coa presenza do presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense, Germán Rodríguez-Saá; a profesional da asociación, Kelly Pereira; un colectivo do profesorado e o curso 6º de primaria, como representación do centro.

 

 

O presidente mencionou no acto de entrega que “cada gran de area vaia destinado á investigación que é fundamental, para a prevención e para a detección precoz. Temos un reto moi importante, onde vós podedes achegar moito, que é alcanzar o 70% de supervivencia da enfermidade no ano 2030”.

A recadación doada é de 415 euros que irá destinada para o programa de “Carriños Don Amable”.

 

Artigos relacionados

Back to top button